{"id":4249,"date":"2022-11-02T12:43:24","date_gmt":"2022-11-02T11:43:24","guid":{"rendered":"http:\/\/bioquimicaourense.webs.uvigo.es\/?p=4249"},"modified":"2022-11-02T13:07:16","modified_gmt":"2022-11-02T12:07:16","slug":"buscando-respostas-a-que-facer-trala-defensa-da-tese-de-doutoramento","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/bioquimicaourense.webs.uvigo.es\/gl\/buscando-respostas-a-que-facer-trala-defensa-da-tese-de-doutoramento\/","title":{"rendered":"Buscando respostas a que facer trala defensa da tese de doutoramento"},"content":{"rendered":"<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Na Facultade de Ciencias do campus de Ourense celebrouse este venres a xornada\u00a0<em>V\u00edas profesionais trala tese de doutoramento<\/em>, nada segundo as organizadoras da conciencia \u201cdas dificultades que presenta no panorama laboral actual o desenvolvemento da carreira investigadora dun xeito estable pero conscientes tam\u00e9n da necesidade de mostrar a relevancia da mesma para a xeraci\u00f3n do co\u00f1ecemento decisivo no progreso da sociedade\u201d.<\/p>\n<p>Organizada polas profesoras e investigadoras do centro Clara Fuci\u00f1os e Mar\u00eda Luisa R\u00faa e patrocinada polo Cl\u00faster de Investigaci\u00f3n e Transferencia Agroalimentario do Campus da Auga (Citaca), a cita pretendeu \u201cabordar desde o punto de vista cient\u00edfico as sa\u00eddas profesionais da carreira investigadora, en especial no \u00e1mbito das ciencias da vida e tecnolox\u00edas agroalimentarias, a partir do relato de varios casos de \u00e9xito\u201d. Para acadalo, a xornada contou co testemu\u00f1o profesional e persoal de investigadoras e investigadores de posdoutoramento, a maior parte formados na Universidade de Vigo, que desenvolven a s\u00faa carreira laboral en \u00e1mbitos diversos, ofrecendo deste xeito unha \u201cvisi\u00f3n plural\u201d co obxectivo de servir de \u201cexemplo e de est\u00edmulo para todas aquelas persoas que est\u00e1n xa dedicadas ou te\u00f1en pensando dedicarse \u00e1 carreira investigadora\u201d.<\/p>\n<h3>Inspiraci\u00f3n e motivaci\u00f3n<\/h3>\n<p>Ana Torrado, directora do Cl\u00faster de Investigaci\u00f3n e Transferencia Agroalimentario do Campus da Auga, presentou a xornada subli\u00f1ando \u201co orgullo\u201d que sup\u00f3n para a universidade que a maior parte das e dos participantes se formaron nas s\u00faas aulas. Coa s\u00faa participaci\u00f3n, d\u00edxolle ao p\u00fablico asistente, queremos \u201cmotivarvos e inspirarvos, que saibades que hai moitas m\u00e1is posibilidades das que a priori pensades tras rematar a tese de doutoramento\u201d. A cita, indicou Ana Torrado, tam\u00e9n quixo p\u00f3r en valor tanto \u201c\u00e1s cient\u00edficas e cient\u00edficos m\u00e1is novos, que ve\u00f1en con moitas ga\u00f1as\u201d e \u201ca ciencia como motor indispensable para o cambio social\u201d.<\/p>\n<p>Segundo explicou Clara Fuci\u00f1os, a idea de facer esta xornada xurdiu co desexo de facer unha actividade \u201cque lle puidese interesar tanto ao alumnado como \u00e1 comunidade cient\u00edfica que est\u00e1 facendo agora a tese\u201d. Tr\u00e1tase, apuntou, de espertar o interese pola carreira cient\u00edfica no caso dos estudantes e de que vexan \u201cque hai m\u00e1is al\u00e1 da tese de doutoramento\u201d no caso dos investigadores e investigadoras que est\u00e1n realizando a tese. \u201c\u00c1s veces est\u00e1s facendo a t\u00faa tese e pensas que non hai m\u00e1is cami\u00f1o que a universidade, porque a xente que est\u00e1 ao teu redor est\u00e1 na universidade, pero hai moitas outras opci\u00f3ns, como queda patente nos participantes na xornada, que van desde xente que traballa en centros tecnol\u00f3xicos ata xente que emprendeu\u201d, sinala a investigadora.<\/p>\n<h3>Diversidade de perf\u00eds<\/h3>\n<p>Paula Fajardo, da Unidade de Sa\u00fade-Nutrici\u00f3n e Farmaindustria da \u00c1rea de I+D+i de Anfaco-Cecopesca en Vigo foi a encargada de falar do traballo dun doutor ou doutora nun centro tecnol\u00f3xico e o seu papel de transferencia e apoio \u00e1 I+D+i empresarial. Pola s\u00faa banda, Juan Pablo Fuci\u00f1os, do Food Processing Group do International Iberian Nanotechnology Laboratory, de Braga, falou da carreira cient\u00edfica en Espa\u00f1a. \u201cEu centreime en intentar ensinarlle aos doutores m\u00e1is novos ou aos que est\u00e1n rematando a tese as distintas ferramentas e instrumentos que te\u00f1en no \u00e1mbito europeo para financiar o seu posdoutoramento e como iso lles pode abrir distintas v\u00edas profesionais logo do fin de tese\u201d, comentou o investigador. No seu caso, indicou, \u201ciso axudoume para rematar traballando nun centro internacional de investigaci\u00f3n enfocado nun tema moi concreto como \u00e9 a nanotecnolox\u00eda pero no que esa nanotecnolox\u00eda se aplica a un n\u00famero moi grande de \u00e1reas que tentan resolver moitos problemas da sociedade\u201d.\u00a0 Para falar de emprendemento como oportunidade despois dunha tese achegouse \u00e1 Facultade de Ciencias Enma Conde, que presentou o seu proxecto Global and Ecofriendly Natural Extracts GLECEX, ubicado no Pol\u00edgono de San Cibrao das Vi\u00f1as, en Ourense. Tam\u00e9n formado na Universidade de Vigo e investigador da \u00c1rea de Edafolox\u00eda e Qu\u00edmica Agr\u00edcola desta instituci\u00f3n, participou na actividade David Fern\u00e1ndez Calvi\u00f1o, actualmente investigador Ram\u00f3n y Cajal.<\/p>\n<p>A xornada tam\u00e9n contou coa participaci\u00f3n de Mar\u00eda Lamprecht, do Centro de Astrobiolox\u00eda (INTA-CSIC), de Madrid, que ademais de contar a s\u00faa traxectoria investigadora trouxo \u00e1 Facultade de Ciencias unha exposici\u00f3n de ilustraci\u00f3ns feitas por ela para o libro\u00a0<em>La vida: un viaje hacia la complejidad en el universo<\/em>, escrito pola investigadora Esther L\u00e1zaro, investigadora do seu mesmo centro. \u201cO libro trata sobre todo o sistema evolutivo que est\u00e1 operando na terra e se pode existir vida noutros planetas e o que me interesada reflectir nas ilustraci\u00f3ns \u00e9 sobre todo a relaci\u00f3n entre a arte e a ciencia, que as imaxes fosen un pouco abstractas pero que tam\u00e9n representasen procesos moleculares complexos\u201d, comentou a ilustradora e cient\u00edfica. As\u00ed, as persoas que se acheguen \u00e1 entrepranta do edificio Polit\u00e9cnico poden ver as ilustraci\u00f3ns feitas por esta cient\u00edfica para o libro e que abranguen desde un virus ata a terra primitiva.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/www.uvigo.gal\/universidade\/comunicacion\/duvi\/buscando-respostas-que-facer-trala-defensa-tese-doutoramento\" target=\"_blank\" rel=\"noopener noreferrer\">Ler a nova completa no DUVI<\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp; Na Facultade de Ciencias do campus de Ourense celebrouse este venres a xornada\u00a0V\u00edas profesionais trala tese de doutoramento, nada segundo as organizadoras da conciencia &hellip; <a class=\"excerpt_more\" href=\"https:\/\/bioquimicaourense.webs.uvigo.es\/gl\/buscando-respostas-a-que-facer-trala-defensa-da-tese-de-doutoramento\/\">Continuar<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":4,"featured_media":4252,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[92],"tags":[],"class_list":["post-4249","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-duvi","geographic-ourense"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/bioquimicaourense.webs.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4249","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/bioquimicaourense.webs.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/bioquimicaourense.webs.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/bioquimicaourense.webs.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/4"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/bioquimicaourense.webs.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4249"}],"version-history":[{"count":4,"href":"https:\/\/bioquimicaourense.webs.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4249\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":4256,"href":"https:\/\/bioquimicaourense.webs.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4249\/revisions\/4256"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/bioquimicaourense.webs.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/4252"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/bioquimicaourense.webs.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4249"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/bioquimicaourense.webs.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4249"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/bioquimicaourense.webs.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4249"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}