{"id":4262,"date":"2022-11-02T12:50:50","date_gmt":"2022-11-02T11:50:50","guid":{"rendered":"http:\/\/bioquimicaourense.webs.uvigo.es\/?p=4262"},"modified":"2022-11-03T09:47:39","modified_gmt":"2022-11-03T08:47:39","slug":"o-soro-de-leite-sobrante-da-fabricacion-de-queixo-fonte-de-ingredientes-funcionais-contra-a-hipertension","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/bioquimicaourense.webs.uvigo.es\/gl\/o-soro-de-leite-sobrante-da-fabricacion-de-queixo-fonte-de-ingredientes-funcionais-contra-a-hipertension\/","title":{"rendered":"O soro de leite sobrante da fabricaci\u00f3n de queixo, fonte de ingredientes funcionais contra a hipertensi\u00f3n"},"content":{"rendered":"<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Galicia \u00e9 a principal rexi\u00f3n produtora de leite de Espa\u00f1a, cun 40% da produci\u00f3n total e arredor de dous mill\u00f3ns de toneladas anuais. Estes datos levan consigo unha longa tradici\u00f3n na elaboraci\u00f3n de queixo. Para os investigadores, esta industria queixeira \u00e9 un exemplo claro de problema ambiental e econ\u00f3mico que esixe unha soluci\u00f3n tecnol\u00f3xica. Na elaboraci\u00f3n do queixo, tanto artesanal como industrial, obtense como subproduto o soro de leite, que representa aproximadamente o 85\/90% do volume de leite empregado e ret\u00e9n o 55% dos seus nutrintes. Na crecente preocupaci\u00f3n social tanto pola conservaci\u00f3n do medio como pola sa\u00fade, a industria busca reducir estas cifras a trav\u00e9s da I+D+i. Na s\u00faa tese de doutoramento, Natalia Est\u00e9vez dese\u00f1ou con \u00e9xito unha plataforma tecnol\u00f3xica de grao alimentario para transformar o soro de queixer\u00eda deslactosado en ingredientes funcionais.<\/p>\n<p>Natalia Est\u00e9vez presentou a s\u00faa tese de doutoramento na Facultade de Ciencias do campus de Ourense baixo a direcci\u00f3n de Mar\u00eda Luisa R\u00faa e Juan Pablo Fuci\u00f1os e co t\u00edtulo Integrative processes for the valorisation of bovine whey proteins through the production of bioactive peptides and heat-induced gels, and their use as functional ingredients. A investigaci\u00f3n, sinala Est\u00e9vez, comezou no ano 2007, cando o Laboratorio de Bioqu\u00edmica deste centro iniciou unha colaboraci\u00f3n cient\u00edfica coa queixer\u00eda galega Queizuar SL coa finalidade principal de desenvolver procesos para valorizar por v\u00eda biotecnol\u00f3xica o soro de leite excedente da s\u00faa produci\u00f3n de queixo. Con esta idea lev\u00e1ronse a cabo a partir de ent\u00f3n catro proxectos de I+D financiados pola Xunta de Galicia e un deles por CDTI nos que tam\u00e9n participaron outras empresas do sector. Unha colaboraci\u00f3n que, apuntan os seus promotores, deu \u201cexcelentes resultados\u201d en forma de diversas publicaci\u00f3ns, traballos fin de carreira e mestrado, unha patente e difusi\u00f3n no eido internacional.<\/p>\n<h2>Implementaci\u00f3n exitosa<\/h2>\n<p>\u201cA maior\u00eda das queixer\u00edas son f\u00e1bricas pequenas que non te\u00f1en equipos espec\u00edficos para o procesamento de soro de leite e, polo tanto, a corrente de soro \u00e9 cedida gratuitamente ou vendida a unha f\u00e1brica de l\u00e1cteos ubicada relativamente preto (a un radio de distribuci\u00f3n de 70 quil\u00f3metros) para a s\u00faa conversi\u00f3n en produtos derivados do lactosoro\u201d, explica a investigadora. Por\u00e9n, engade, na actualidade existe unha falta de diversificaci\u00f3n nos produtos procesados e s\u00f3 o 50% do soro de leite producido \u00e9 tratado e transformado nun abanico curto de produtos alimenticios, tales como soro en po, lactosa ou subprodutos sen lactosa.<\/p>\n<p>Tendo en conta esta problem\u00e1tica, na investigaci\u00f3n traballouse na valorizaci\u00f3n do soro deslactosado mediante procesos de tecnolox\u00eda enzim\u00e1tica para producir p\u00e9ptidos bioactivos, particularmente antihipertensivos e antioxidantes, e a s\u00faa posterior incorporaci\u00f3n na formulaci\u00f3n de alimentos reais de diferente orixe, entre eles, produtos l\u00e1cteos. En concreto, o estudo centrouse no desenvolvemento dun proceso de hidr\u00f3lise das prote\u00ednas do soro l\u00e1cteo coa finalidade de obter p\u00e9ptidos bioactivos. Ademais, na investigaci\u00f3n avali\u00e1ronse as propiedades reol\u00f3xicas e o potencial de xelificaci\u00f3n dunha fracci\u00f3n de prote\u00edna residual obtida nestes procesos tecnol\u00f3xicos e que representaba un gran valor como sistema de encapsulaci\u00f3n bioactivo. Deste xeito, realizouse por un lado a implementaci\u00f3n exitosa do proceso de hidr\u00f3lise de prote\u00edna de soro de escala de laboratorio a escala de planta piloto e, por outro lado, a produci\u00f3n dun ingrediente multifuncional (antihipertensivo e antioxidante) con propiedades sensoriais aceptables e alta estabilidade fronte a diferentes condici\u00f3ns de procesamento. Os p\u00e9ptidos antihipertensivos, comenta a xa doutora, espertan un grande interese debido \u00e1 s\u00faa eficacia na prevenci\u00f3n e o tratamento da hipertensi\u00f3n, un dos principais problemas de sa\u00fade p\u00fablica nos pa\u00edses desenvolvidos. Alg\u00fans p\u00e9ptidos derivados do lactosoro tam\u00e9n amosan, engade, boas propiedades antioxidantes, \u00e9 dicir, te\u00f1en a capacidade de eliminar radicais libres. Dous factores moi atractivos para o mercado alimentario.<\/p>\n<h2>Os beneficios para o sector<\/h2>\n<p>A obtenci\u00f3n de p\u00e9ptidos bioactivos a partir de efluentes da industria queixeira representa, apunta a investigadora, unha soluci\u00f3n cun alto potencial econ\u00f3mico, que d\u00e1 resposta a varios dos problemas desta industria. Por unha parte, permite transformar unha materia prima de escaso valor en ingredientes funcionais de alto valor engadido e, por outra parte, minimiza a produci\u00f3n de residuos ao reintroducilos no ciclo de produci\u00f3n, eliminando ademais os gastos asociados \u00e1 s\u00faa recollida e xesti\u00f3n. &#8220;A valorizaci\u00f3n do soro de leite pode engadir un valor econ\u00f3mico importante ao produtor, conciliando os intereses do sector produtivo coas demandas sociais de protecci\u00f3n do medio ambiente, no marco do desenvolvemento sustentable&#8221;, sinala a investigadora.<\/p>\n<p>Os avances realizados, valora Est\u00e9vez, permitir\u00edan \u00e1s queixer\u00edas galegas utilizar a definici\u00f3n e implementaci\u00f3n de novos procesos para a conversi\u00f3n do soro de leite en produtos de valor engadido, que en xeral presentan prezos m\u00e1is elevados e estables que os produtos l\u00e1cteos. \u201cPoder\u00edanse desenvolver familias de produtos l\u00e1cteos (queixo, iogur, etc) que incorporen p\u00e9ptidos bioactivos en xeral e antihipertensivos en particular\u201d, comenta a investigadora, que sigue traballando nesta li\u00f1a de investigaci\u00f3n xa que o Laboratorio de Bioqu\u00edmica acadou recentemente un novo proxecto financiado pola Xunta de Galicia e CDTI. O desenvolvemento destes produtos, engade por \u00faltimo, axudar\u00eda a \u201cincrementar o consumo de leite ou produtos l\u00e1cteos nun sector da poboaci\u00f3n, os hipertensos, que non soen consumir este tipo de produtos\u201d.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/www.uvigo.gal\/universidade\/comunicacion\/duvi\/soro-leite-sobrante-fabricacion-queixo-fonte-ingredientes-funcionais-hipertension\" target=\"_blank\" rel=\"noopener noreferrer\">Ler a nova completa no DUVI<\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp; Galicia \u00e9 a principal rexi\u00f3n produtora de leite de Espa\u00f1a, cun 40% da produci\u00f3n total e arredor de dous mill\u00f3ns de toneladas anuais. Estes &hellip; <a class=\"excerpt_more\" href=\"https:\/\/bioquimicaourense.webs.uvigo.es\/gl\/o-soro-de-leite-sobrante-da-fabricacion-de-queixo-fonte-de-ingredientes-funcionais-contra-a-hipertension\/\">Continuar<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":4,"featured_media":4309,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[92],"tags":[],"class_list":["post-4262","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-duvi","geographic-ourense"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/bioquimicaourense.webs.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4262","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/bioquimicaourense.webs.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/bioquimicaourense.webs.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/bioquimicaourense.webs.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/4"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/bioquimicaourense.webs.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4262"}],"version-history":[{"count":8,"href":"https:\/\/bioquimicaourense.webs.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4262\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":4295,"href":"https:\/\/bioquimicaourense.webs.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4262\/revisions\/4295"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/bioquimicaourense.webs.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/4309"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/bioquimicaourense.webs.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4262"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/bioquimicaourense.webs.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4262"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/bioquimicaourense.webs.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4262"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}