{"id":4272,"date":"2022-11-02T12:54:41","date_gmt":"2022-11-02T11:54:41","guid":{"rendered":"http:\/\/bioquimicaourense.webs.uvigo.es\/?p=4272"},"modified":"2022-11-03T11:51:51","modified_gmt":"2022-11-03T10:51:51","slug":"as-termas-de-ourense-fonte-de-enzimas-para-a-industria","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/bioquimicaourense.webs.uvigo.es\/gl\/as-termas-de-ourense-fonte-de-enzimas-para-a-industria\/","title":{"rendered":"As termas de Ourense, fonte de enzimas para a industria"},"content":{"rendered":"<p>&nbsp;<\/p>\n<p>As enzimas son catalizadores, prote\u00ednas que aceleran unha reacci\u00f3n qu\u00edmica. Esta definici\u00f3n te\u00f3rica significa que na pr\u00e1ctica son compostos naturais de grande interese para a industria. Por exemplo, o que fai que un deterxente limpe o aceite dunha prenda de roupa \u00e9 a lipasa, unha enzima que \u201cracha\u201d a graxa para que poida ser lavada. Investigadoras da Facultade de Ciencias do campus de Ourense traballan desde 2013 no proxecto europeo\u00a0<a href=\"http:\/\/hotdrops.cbm.uam.es\/index.php\">HotDrops<\/a>. Nel, catro universidades e catro empresas buscan novas enzimas termof\u00edlicas, que act\u00faan a altas temperaturas e son m\u00e1is resistentes a condici\u00f3ns extremas, para aplicaci\u00f3ns industriais tomando como punto de partida o ADN de microorganismos presentes en augas e solos de fontes termais de Ourense.<\/p>\n<p>O proxecto est\u00e1 financiado polo 7 Programa Marco da Uni\u00f3n Europea, concretamente pola convocatoria Marie Curie academia-industria. O l\u00edder \u00e9 a Universidade Aut\u00f3noma de Madrid, estando como socias as universidades de A Coru\u00f1a, Cambridge e Vigo e as empresas Galchimia, Biochemize, Droptech e Novozymes, o principal provedor de enzimas do mercado. O equipo da Universidade de Vigo est\u00e1 encabezado por Mar\u00eda Luisa R\u00faa e formado tam\u00e9n por Ana Torrado, investigadoras do Laboratorio de Bioqu\u00edmica da \u00c1rea de Nutrici\u00f3n e Bromatolox\u00eda. Este xoves e venres, os membros do proxecto, encabezados por Jos\u00e9 Berenguer, coordinador de HotDrops, danse cita no\u00a0I Encontro AgroBiotech\u00a0que se celebra no Parque Tecnol\u00f3xico de Ourense, onde presentan o seu proxecto, que ten unha duraci\u00f3n de catro anos, ao sector como exemplo de colaboraci\u00f3n entre investigaci\u00f3n e empresa no eido biotecnol\u00f3xico.<\/p>\n<h2>Catalizadores m\u00e1is eficientes e espec\u00edficos<\/h2>\n<p>O interese nas fontes termais como fontes de enzimas, explican os membros do proxecto, parte do feito de que as enzimas presentes en organismos de altas temperaturas son enzimas preparadas para actuar a altas temperaturas. Estas enzimas, apuntan, poden empregarse en procesos industriais que requiren altas temperaturas ou en procesos que non requiren altas temperaturas pero nos que tam\u00e9n se empregan porque estas enzimas te\u00f1en unha vida \u00fatil m\u00e1is prolongada, un factor moi importante en aplicaci\u00f3ns industriais a grande escala. As enzimas, lembran, te\u00f1en un custe significativo pero tam\u00e9n te\u00f1en un elevando potencial porque \u201cnon te\u00f1en os problemas de toxicidade doutros catalizadores qu\u00edmicos e son catalizadores moito m\u00e1is eficientes e espec\u00edficos\u201d.<\/p>\n<p>Segundo explican as investigadoras ourens\u00e1s, para a obtenci\u00f3n de enzimas no proxecto est\u00e1n \u201ca empregar sistemas de\u00a0screening\u00a0de alta eficacia baseados na microflu\u00eddica\u201d. O seu traballo concreto consiste na posta a punto deste sistema de\u00a0screening\u00a0para a busca e selecci\u00f3n de enzimas e posteriormente levar a cabo a produci\u00f3n e caracterizaci\u00f3n dos compostos proteicos seleccionados para unha aplicaci\u00f3n industrial. Actualmente, sinalan, at\u00f3panse no proceso de selecci\u00f3n de enzimas a partir de bancos de ADN, concretamente de ADN procedente de microorganismos presentas nas augas e solos de fontes termais do r\u00edo Caldo, en Lobios. Neste proceso, indican, \u00e9 especialmente interesante a obtenci\u00f3n de lipasas, proteasas, celulasas e outras enzimas de interese industrial. Entre as primeiras seleccionadas polas investigadoras ourens\u00e1s est\u00e1n precisamente lipasas, que son de utilidade nun amplo abano de eidos, desde produtos farmac\u00e9uticos ata biodiesel.<\/p>\n<h2>A aposta pola investigaci\u00f3n<\/h2>\n<p>Al\u00e9n de presentarse \u00e1s empresas participantes en\u00a0AgroBiotech\u00a0como un exemplo de colaboraci\u00f3n entre universidades e empresas, os membros do proxecto realizaron este xoves un seminario no que presentaron as s\u00faas li\u00f1as de traballo ao persoal investigador interesado. Durante a s\u00faa inauguraci\u00f3n, Jos\u00e9 Berenguer, como coordinador do proxecto HotDrops, foi o encargado de introducir \u00e1s persoas asistentes nas li\u00f1as xerais deste proxecto que traballa na \u201cselecci\u00f3n de enzimas con uso biotecnol\u00f3xico en augas termais moi ricas\u201d. Amosando o respaldo da Universidade de Vigo a esta iniciativa, Virxilio Rodr\u00edguez, vicerreitor do campus de Ourense, subli\u00f1ou que o proxecto est\u00e1 en consonancia coa li\u00f1a estrat\u00e9xica do Campus da Auga, o proceso de especializaci\u00f3n do campus de Ourense. En representaci\u00f3n das empresas participantes en HotDrops, Ramiro Mart\u00ednez, de Novozymes Espa\u00f1a, salientou a aposta da s\u00faa entidade, que conta con 6000 traballadores e est\u00e1 dedicada \u00e1 produci\u00f3n de enzimas, pola I+D e salientou os froitos da colaboraci\u00f3n coas universidades. Por \u00faltimo, Javier Soto, de Caldaria, recalcou o potencial das augas mineromedicinais de Ourense e amosou o seu desexo de que se siga investigando neste campo para contribu\u00edr ao desenvolvemento do sector e da provincia.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/www.uvigo.gal\/universidade\/comunicacion\/duvi\/termas-ourense-fonte-enzimas-industria\" target=\"_blank\" rel=\"noopener noreferrer\">Ler a nova completa no DUVI<\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp; As enzimas son catalizadores, prote\u00ednas que aceleran unha reacci\u00f3n qu\u00edmica. Esta definici\u00f3n te\u00f3rica significa que na pr\u00e1ctica son compostos naturais de grande interese para &hellip; <a class=\"excerpt_more\" href=\"https:\/\/bioquimicaourense.webs.uvigo.es\/gl\/as-termas-de-ourense-fonte-de-enzimas-para-a-industria\/\">Continuar<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":4,"featured_media":4277,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[92],"tags":[],"class_list":["post-4272","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-duvi","geographic-ourense"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/bioquimicaourense.webs.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4272","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/bioquimicaourense.webs.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/bioquimicaourense.webs.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/bioquimicaourense.webs.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/4"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/bioquimicaourense.webs.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4272"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/bioquimicaourense.webs.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4272\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":4313,"href":"https:\/\/bioquimicaourense.webs.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4272\/revisions\/4313"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/bioquimicaourense.webs.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/4277"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/bioquimicaourense.webs.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4272"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/bioquimicaourense.webs.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4272"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/bioquimicaourense.webs.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4272"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}