{"id":4281,"date":"2022-11-02T12:57:06","date_gmt":"2022-11-02T11:57:06","guid":{"rendered":"http:\/\/bioquimicaourense.webs.uvigo.es\/?p=4281"},"modified":"2022-11-03T11:51:58","modified_gmt":"2022-11-03T10:51:58","slug":"reivindicando-a-vida-arredor-do-mercado-tradicional","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/bioquimicaourense.webs.uvigo.es\/gl\/reivindicando-a-vida-arredor-do-mercado-tradicional\/","title":{"rendered":"Reivindicando a vida arredor do mercado tradicional"},"content":{"rendered":"<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Este venres preto dunha trintena de persoas realizaron una ruta interpretativa que tivo como centro de interese O Rianzo, as hortas do concello e o conxunto do Mercado e as Burgas. E fix\u00e9rono co obxectivo de valorizar este enclave e a vida que neles se xera arredor da comida desde un punto de vista antropol\u00f3xico pero tam\u00e9n desde a perspectiva da sostibilidade. \u201cO Rianxo ten que ver cunha forma de vida que se est\u00e1 perdendo, co que significa cultivar a terra e vender os produtos preto, co contacto da xente, co rebulir da praza, coa cidade vivida e saudable\u201d, destaca Beatriz Comendador, decana da Facultade de Historia do campus de Ourense, centro organizador da visita.<\/p>\n<p>A\u00a0<a href=\"http:\/\/historiaourense.blogspot.com.es\/2014\/03\/o-rianxo-en-bruselas.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener noreferrer\">excursi\u00f3n<\/a>\u00a0enmarcouse dentro do programa da facultade de rutas interpretativas pola contorna do campus de Ourense\u00a0<em>Co\u00f1eces&#8230;?<\/em>. Nesta ocasi\u00f3n, a tem\u00e1tica elixida, destaca Beatriz Comendador, estivo motivada pola colaboraci\u00f3n do centro co proxecto de recuperaci\u00f3n colectiva do patrimonio BIComun, da que a Sala Alterarte do campus acolleu unha exposici\u00f3n o pasado ano. Nesa exposici\u00f3n pod\u00eda verse como o mercado do Rianxo era diagnosticado polos cidad\u00e1ns como un elemento patrimonial mal conservado e que deber\u00eda rehabilitasen, ao igual que deb\u00eda recuperarse as hortas tradicionais da \u00e1rea periurbana de Ourense que nutr\u00edan esa praza de abastos.<\/p>\n<h2>Paisaxe, tradici\u00f3n, alimentaci\u00f3n e sa\u00fade<\/h2>\n<p>Tendo en conta esta valoraci\u00f3n feita polos cidad\u00e1ns no marco do proxecto BIComun, a Facultade de Historia decidiu que esta nova edici\u00f3n das rutas tivera como tem\u00e1tica O Rianxo e para facela contaron con outro aliado, a docente Mar\u00eda Lu\u00edsa R\u00faa, da \u00c1rea de Nutrici\u00f3n e Bromatolox\u00eda da Universidade de Vigo, participante no proxecto Alimentaci\u00f3n Sostible en Comunidades Urbanas, un proxecto que implica a dez cidades europeas, entre elas Ourense, que desexan medrar, entregar e gozar de comida m\u00e1is sostible e que est\u00e1n a buscar soluci\u00f3ns conxuntas e eficaces. No marco desta iniciativa, R\u00faa dirixe un estudo sobre o mercado das Burgas e os produtos alimenticios que nel se venden.<\/p>\n<p>Con esta combinaci\u00f3n entre historia, antropolox\u00eda, ciencia, alimentaci\u00f3n e sa\u00fade, os participantes este venres na ruta puideron empaparse dun percorrido polos lugares, os olores, os sabores e os ru\u00eddos do mercado e da s\u00faa contorna e ver de primeira man as consecuencias que ten na paisaxe o abandono que se est\u00e1 a producir dun estilo de vida asociado \u00e1 praza. Tam\u00e9n puideron probar alg\u00fans dos alimentos que comercializan no mercado, xa que a excursi\u00f3n contou coa colaboraci\u00f3n do proxecto Come Ourense do Concello, e, como sorpresa, no seu percorrido foron \u201cacompa\u00f1ados\u201d polos Graxos das Burgas, uns irm\u00e1ns que forman parte da cultura popular dese lugar e que foron representados por actores.<\/p>\n<p>Por todo o que confl\u00fae nesta iniciativa e polo que pode achegar sobre novas pr\u00e1cticas para unha gobernanza m\u00e1is sostible da alimentaci\u00f3n, o pasado 5 de febreiro, en Bruxelas, nunha exposici\u00f3n e obradoiros organizados dentro da URBACT Thematic Network Sustainable Food in Urban Communities, Mar\u00eda Lu\u00edsa R\u00faa fixo unha presentaci\u00f3n sobre O Rianxo na que tam\u00e9n falou do BICom\u00fan, da Facultade de Historia e do Programa\u00a0<em>Co\u00f1eces&#8230;?<\/em>.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/www.uvigo.gal\/universidade\/comunicacion\/duvi\/reivindicando-vida-arredor-mercado-tradicional\" target=\"_blank\" rel=\"noopener noreferrer\">Ler a nova completa no DUVI<\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp; Este venres preto dunha trintena de persoas realizaron una ruta interpretativa que tivo como centro de interese O Rianzo, as hortas do concello e &hellip; <a class=\"excerpt_more\" href=\"https:\/\/bioquimicaourense.webs.uvigo.es\/gl\/reivindicando-a-vida-arredor-do-mercado-tradicional\/\">Continuar<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":4,"featured_media":4282,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[92],"tags":[],"class_list":["post-4281","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-duvi","geographic-ourense"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/bioquimicaourense.webs.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4281","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/bioquimicaourense.webs.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/bioquimicaourense.webs.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/bioquimicaourense.webs.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/4"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/bioquimicaourense.webs.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4281"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/bioquimicaourense.webs.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4281\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":4314,"href":"https:\/\/bioquimicaourense.webs.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4281\/revisions\/4314"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/bioquimicaourense.webs.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/4282"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/bioquimicaourense.webs.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4281"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/bioquimicaourense.webs.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4281"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/bioquimicaourense.webs.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4281"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}