{"id":4288,"date":"2022-11-02T12:59:11","date_gmt":"2022-11-02T11:59:11","guid":{"rendered":"http:\/\/bioquimicaourense.webs.uvigo.es\/?p=4288"},"modified":"2022-11-03T11:51:47","modified_gmt":"2022-11-03T10:51:47","slug":"conservantes-baixo-demanda-grazas-aos-nanohidroxeles-intelixentes","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/bioquimicaourense.webs.uvigo.es\/gl\/conservantes-baixo-demanda-grazas-aos-nanohidroxeles-intelixentes\/","title":{"rendered":"Conservantes baixo demanda grazas aos nanohidroxeles intelixentes"},"content":{"rendered":"<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Cada d\u00eda m\u00e1is os alimentos comercial\u00edzanse envasados para protexelos e para illalos da contorna e conservar as\u00ed durante m\u00e1is tempo as s\u00faas caracter\u00edsticas f\u00edsicas, qu\u00edmicas e microbiol\u00f3xicas. Tam\u00e9n cada d\u00eda m\u00e1is os consumidores buscan produtos o m\u00e1is naturais posibles e se preocupan da presenza de conservantes na comida que inxiren. A investigadora Clara Fuci\u00f1os, no marco do Grupo de Bioqu\u00edmica da \u00c1rea de Nutrici\u00f3n e Bramotolox\u00eda da Universidade de Vigo, v\u00e9n de probar de xeito experimental na s\u00faa tese de doutoramento os beneficios que para alimentos e consumidores ten o uso dunha nova part\u00edcula, os nanohidroxeles. O seu emprego permite que os conservantes s\u00f3 se liberen se realmente \u00e9 preciso e non de xeito autom\u00e1tico desde o envasado, tal e como acontece actualmente. \u201cA aplicaci\u00f3n da nanotecnolox\u00eda pode achegar novas e prometedoras soluci\u00f3ns dentro do campo dos envases activos e vale a pena investigalas\u201d, destaca a xa doutora do campus de Ourense.<\/p>\n<p>A tese, titulada\u00a0<em>Smart nanohydrogels for controlled release of food preservatives<\/em>\u00a0e dirixida por Mar\u00eda Luisa R\u00faa e Lorenzo Miguel Pastrana, \u00e9 froito de arredor de cinco anos de investigaci\u00f3n desenvolvidos no marco de diferentes proxectos sobre novos materiais. \u201cEsta investigaci\u00f3n nace da necesidade de dese\u00f1ar sistemas de aplicaci\u00f3n no envasado activo de alimentos que permitan liberar os antimicrobianos baixo demanda, s\u00f3 como resposta a cambios ambientais que poidan supor un risco para a seguridade e a estabilidade do alimento\u201d, explica a investigadora da Facultade de Ciencias. Os produtos, apunta, sofren un r\u00e1pido deterioro durante o seu almacenamento pola acci\u00f3n de organismos vivos, principalmente microorganismos, e por condici\u00f3ns ambientais como a temperatura e a humidade. \u201cActualmente xa se comercializan envases activos que incorporan substancias antimicrobiana pero tr\u00e1tase de mecanismos de difusi\u00f3n pasiva, d\u00e1ndose o paradoxo de que no momento no que o alimento \u00e9 m\u00e1s seguro, cando acaba de ser envasado, \u00e9 cando se produce a maior liberaci\u00f3n de conservantes\u201d, advirte.<\/p>\n<h2>Como unha esponxa protectora<\/h2>\n<p>Inspir\u00e1ndose no sistema de funcionamento dos novos f\u00e1rmacos anticancerosos, neste traballo, subli\u00f1a a doutora, \u201cdemostramos a utilidade dos nanohidroxeles de poli (N-isopropilacrilamida) PNIPA para transportar e liberar pimaricina, usada de forma habitual na conservaci\u00f3n de alimentos, como resposta a est\u00edmulos externos e a s\u00faa efectividade para controlar o deterioro dos alimentos xerado polo crecemento de microorganismos. Isto cons\u00e9guese mediante a combinaci\u00f3n de dous mecanismos, como son a liberaci\u00f3n lenta e controlada e a protecci\u00f3n fronte \u00e1 degradaci\u00f3n ambiental do antif\u00fanxico\u201d. O nanohidroxel funcionar\u00eda como unha c\u00e1psula ou esponxa que protexe ao conservante e que s\u00f3 libera pimaricina cando realmente \u00e9 necesario para protexer ao produto debido a cambios ambientais. Cando as condici\u00f3ns volven a ser favorables e non \u00e9 necesario o conservante, de novo o nanohidroxel volve a bloquear a s\u00faa liberaci\u00f3n.<\/p>\n<p>O equipo de investigaci\u00f3n fabricou o pol\u00edmero de tama\u00f1o nanom\u00e9trico que protexe \u00e1 pimaricina e probou con \u00e9xito o seu uso en queixos e en zumes refrixerados. \u201cO efecto antif\u00fanxico da pimaricina pot\u00e9nciase cando esta se aplica inclu\u00edda no nanohidroxel, probablemente debido a que s\u00f3 \u00e9 liberada cando as condici\u00f3ns ambientais o requiren, ralentizando as\u00ed a s\u00faa degradaci\u00f3n. Este sistema permite ademais reducir a cantidade de pimaricina necesaria para alcanzar un efecto inhibitorio e, por tanto, a cantidade de pimaricina presente no alimento e consumida polo usuario\u201d, comenta Clara Fuci\u00f1os.<\/p>\n<p>\u201cNunca, ata a realizaci\u00f3n deste traballo, se abordara o estudo da utilizaci\u00f3n de nanopart\u00edculas de poli (N-isopropilacrilamida) PNIPA como sistema de liberaci\u00f3n controlada de conservantes alimentarios. \u00c9, polo tanto, unha investigaci\u00f3n pioneira cuxos resultados permiten vislumbrar con claridade novas e diversas li\u00f1as de traballo que ser\u00e1n levadas a cabo nos pr\u00f3ximos anos\u201d, apunta a investigadora. A\u00ednda que non se incorporaron a esta tese, destaca a doutora, desde o grupo ao que pertence estase a traballar en colaboraci\u00f3n coa Universidade do Minho para desenvolver envoltorios comestibles que incorporen xa as nanopart\u00edculas de PNIPA como sistemas de liberaci\u00f3n.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/www.uvigo.gal\/universidade\/comunicacion\/duvi\/conservantes-baixo-demanda-grazas-aos-nanohidroxeles-intelixentes\" target=\"_blank\" rel=\"noopener noreferrer\">Ler a nova completa no DUVI<\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp; Cada d\u00eda m\u00e1is os alimentos comercial\u00edzanse envasados para protexelos e para illalos da contorna e conservar as\u00ed durante m\u00e1is tempo as s\u00faas caracter\u00edsticas f\u00edsicas, &hellip; <a class=\"excerpt_more\" href=\"https:\/\/bioquimicaourense.webs.uvigo.es\/gl\/conservantes-baixo-demanda-grazas-aos-nanohidroxeles-intelixentes\/\">Continuar<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":4,"featured_media":4289,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[92],"tags":[],"class_list":["post-4288","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-duvi","geographic-ourense"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/bioquimicaourense.webs.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4288","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/bioquimicaourense.webs.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/bioquimicaourense.webs.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/bioquimicaourense.webs.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/4"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/bioquimicaourense.webs.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4288"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/bioquimicaourense.webs.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4288\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":4312,"href":"https:\/\/bioquimicaourense.webs.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4288\/revisions\/4312"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/bioquimicaourense.webs.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/4289"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/bioquimicaourense.webs.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4288"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/bioquimicaourense.webs.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4288"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/bioquimicaourense.webs.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4288"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}