{"id":4479,"date":"2026-02-25T20:50:27","date_gmt":"2026-02-25T19:50:27","guid":{"rendered":"https:\/\/bioquimicaourense.webs.uvigo.es\/?p=4479"},"modified":"2026-10-19T14:12:47","modified_gmt":"2026-10-19T12:12:47","slug":"o-proxecto-estatal-cleaningrax-explora-a-sintese-de-novos-ingredientes-funcionais-en-produtos-de-etiqueta-limpa","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/bioquimicaourense.webs.uvigo.es\/gl\/o-proxecto-estatal-cleaningrax-explora-a-sintese-de-novos-ingredientes-funcionais-en-produtos-de-etiqueta-limpa\/","title":{"rendered":"O proxecto estatal CleanIngrAX explora a s\u00edntese de novos ingredientes funcionais en produtos de \u2018etiqueta limpa\u2019"},"content":{"rendered":"<p><em>S\u00edntese de nano e micro ingredientes a partir de produtos derivados do arabinoxilano (AX) para a produci\u00f3n de alimentos de \u2018etiqueta limpa\u2019<\/em>\u00a0(CleanIngrAX). Este \u00e9 o t\u00edtulo dun proxecto que, con financiamento estatal, est\u00e1 a desenvolver un equipo do campus de Ourense co obxectivo de avanzar no emprego de encimas na valorizaci\u00f3n de subprodutos agroalimentarios e no dese\u00f1o e an\u00e1lise de estruturas funcionais en alimentaci\u00f3n.<\/p>\n<p>CleanIngrAX est\u00e1 liderado desde a Facultade de Ciencias pola investigadora Clara Fuci\u00f1os e est\u00e1 a ser desenvolvido por membros do Grupo de Tecnolox\u00eda Encim\u00e1tica e Bioestruturas (Teze) da UVigo, que forma parte tanto do Campus Auga, o proxecto de especializaci\u00f3n do campus de Ourense acreditado pola Xunta de Galicia, como do Instituto de Agroecolox\u00eda e Alimentaci\u00f3n. Arrancou en setembro de 2023, financiado pola convocatoria 2022\u00a0<em>Incentivaci\u00f3n de la consolidaci\u00f3n investigadora<\/em>\u00a0do Ministerio de Ciencia e Innovaci\u00f3n, con fondos NextGeneration da UE, e est\u00e1 na s\u00faa recta final. O proxecto d\u00e1 continuidade a outro desenvolvido polo mesmo grupo, tam\u00e9n con financiamento estatal, chamado Prodixos, no que se levou a cabo unha primeira aproximaci\u00f3n para co\u00f1ecer a capacidade dos produtos derivados do arabinoxilano (os ADPs) de medio-alto peso molecular extra\u00eddos da palla de trigo para actuar como texturizantes e encapsulantes en produtos alimentarios.<\/p>\n<h3><strong>O contexto<\/strong><\/h3>\n<p>Sobre o contexto no que nace esta li\u00f1a de investigaci\u00f3n, o equipo responsable apunta d\u00faas cuesti\u00f3ns. Por unha banda, sinalan que as e os consumidores, principalmente a mocidade, demandan cada vez m\u00e1is alimentos naturais, menos procesados e sen orixe animal. Os produtores, engaden, responden ampliando e diversificando a oferta de produtos de orixe vexetal, co reto de seguir mantendo a calidade e a seguridade dos seus produtos. \u201cPor\u00e9n a reformulaci\u00f3n pode ser complicada, xa que os compostos a evitar te\u00f1en un grande impacto no sabor, aroma e textura\u201d, indican. O segundo aspecto apuntado \u00e9 que, no marco da aposta pola econom\u00eda circular e a sostibilidade, b\u00fascase cada vez m\u00e1is dar unha segunda vida \u00e1s grandes cantidades de residuos xerados polo sector agroalimentario durante as diferentes etapas da cadea alimentaria.<\/p>\n<p>Neste campo, as e os investigadores de Teze explican que os biopol\u00edmeros procedentes das plantas e os seus residuos te\u00f1en unha grande aplicabilidade. \u201cEstes biopol\u00edmeros poden ser prote\u00ednas, polisac\u00e1ridos e l\u00edpidos que ben aplicados directamente ou tras a s\u00faa transformaci\u00f3n noutras estruturas supo\u00f1en unha alternativa interesante para a s\u00faa incorporaci\u00f3n en alimentos de \u2018etiqueta limpa\u2019, xa que son biodegradables, biocompatibles e seguros\u201d, describen. As\u00ed, detallan, para producir materiais fibrosos que imitan a carne p\u00f3dense seguir varios procedementos e un deles \u00e9 crear fibras ou fibrillas a partir de biopol\u00edmeros, normalmente prote\u00ednas, para posteriormente ensamblar estas fibrillas\/fibras mediante a reticulaci\u00f3n encim\u00e1tica ou mestura con axentes aglutinantes. O proxecto pon o foco no arabinoxilano, un polisac\u00e1rido estrutural da parede celular das plantas que constit\u00fae unha parte da porci\u00f3n de fibra diet\u00e9tica dos cereais, contribu\u00edndo \u00e1s s\u00faas propiedades funcionais e nutricionais. A pesar do seu potencial como ingrediente alimentario, o equipo da UVigo sinala que non se desenvolveron nin estudaron fibras deste material para esta aplicaci\u00f3n alimentaria, motivaci\u00f3n que levou \u00e1 realizaci\u00f3n de CleanIngrAX.<\/p>\n<h3><strong>As posibilidades do arabinoxilano<\/strong><\/h3>\n<p>Os obxectivos xerais do proxecto CleanIngrAX son a s\u00edntese de nano e micropart\u00edculas a partir de produtos derivados da AX para a s\u00faa incorporaci\u00f3n como ingredientes funcionais en produtos de \u2018etiqueta limpa\u2019. Nel realizouse una avaliaci\u00f3n de diferentes m\u00e9todos de s\u00ednteses de nano e micropart\u00edculas a partir de produtos derivados do arabinoxilano (ADPs) e da s\u00faa capacidade para formar micropart\u00edculas esf\u00e9ricas xelificadas, nanofibras e xeles de nanofibras. Tam\u00e9n se realizou una caracterizaci\u00f3n das estruturas obtidas a partir dos ADPs e un estudo das s\u00faas propiedades f\u00edsico-qu\u00edmicas e da s\u00faa estabilidade en simulantes alimentarios. Igualmente levouse a cabo a avaliaci\u00f3n da s\u00faa eficiencia como axentes encapsulantes e a aptitude das estruturas obtidas a partir dos ADPs para ser utilizadas como ingredientes funcionais nun an\u00e1logo c\u00e1rnico. Neste caso, o an\u00e1logo c\u00e1rnico foron hamburguesas vexetais obtidas con prote\u00edna de legume.<\/p>\n<p>Mediante sistemas de microflu\u00eddica, o equipo da UVigo conseguiu sintetizar microc\u00e1psulas esf\u00e9ricas estables a partir de emulsi\u00f3ns auga\/aceite, optimizando tanto o tipo de emulsionante como as condici\u00f3ns de procesado. \u201cOs resultados amosan que determinados emulsionantes de uso alimentario permiten obter microgotas m\u00e1is uniformes, menos viscosas e m\u00e1is estables, incluso a temperaturas elevadas. Ademais, a incorporaci\u00f3n de encimas como a lacasa permitiu mellorar a estabilidade estrutural das microc\u00e1psulas e reducir a dispersi\u00f3n de tama\u00f1os ao longo do tempo\u201d, comentan desde CleanIngrAX. En paralelo, desenvolveron nanofibras mediante electrospinning, combinando arabinoxilano con pol\u00edmeros de grao alimentario. \u201cEstas nanofibras presentan di\u00e1metros na escala nanom\u00e9trica e forman films continuos, cuxa estabilidade en medio acuoso mellorou notablemente cando se induce o entrecruzamento encim\u00e1tico do arabinoxilano coa lacasa. Os ensaios demostraron que este entrecruzamento permitiu reducir a disoluci\u00f3n das nanofibras e reforza a s\u00faa estrutura\u201d, detallan. A caracterizaci\u00f3n qu\u00edmica e estrutural dos diferentes arabinoxilanos empregados no proxecto permitiu identificar que non s\u00f3 o contido en \u00e1cido fer\u00falico, sen\u00f3n tam\u00e9n a arquitectura molecular do pol\u00edmero, \u00e9 clave para a formaci\u00f3n de redes estables. Deste xeito, sinalan as e os investigadores, a pesar de non observarse unha xelificaci\u00f3n macrosc\u00f3pica en todos os casos, detect\u00e1ronse interacci\u00f3ns qu\u00edmicas inducidas pola lacasa que confirman o potencial destes materiais para aplicaci\u00f3ns a microescala.<img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"aligncenter wp-image-4484 size-medium\" src=\"https:\/\/bioquimicaourense.webs.uvigo.es\/wp-content\/uploads\/2026\/02\/clear3-300x300.jpg\" alt=\"\" width=\"300\" height=\"300\" srcset=\"https:\/\/bioquimicaourense.webs.uvigo.es\/wp-content\/uploads\/2026\/02\/clear3-300x300.jpg 300w, https:\/\/bioquimicaourense.webs.uvigo.es\/wp-content\/uploads\/2026\/02\/clear3-1024x1024.jpg 1024w, https:\/\/bioquimicaourense.webs.uvigo.es\/wp-content\/uploads\/2026\/02\/clear3-150x150.jpg 150w, https:\/\/bioquimicaourense.webs.uvigo.es\/wp-content\/uploads\/2026\/02\/clear3-768x768.jpg 768w, https:\/\/bioquimicaourense.webs.uvigo.es\/wp-content\/uploads\/2026\/02\/clear3-1536x1536.jpg 1536w, https:\/\/bioquimicaourense.webs.uvigo.es\/wp-content\/uploads\/2026\/02\/clear3-400x400.jpg 400w, https:\/\/bioquimicaourense.webs.uvigo.es\/wp-content\/uploads\/2026\/02\/clear3.jpg 2000w\" sizes=\"auto, (max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/p>\n<p>No estudo avaliouse ademais a eficiencia de encapsulaci\u00f3n das microparticulas obtidas mediante microflu\u00eddica, acadando eficiencias de encapsulaci\u00f3n superiores ao 90%. Tam\u00e9n se comprobou a funcionalidade das part\u00edculas que conte\u00f1en o colorante vermello de remolacha para mellorar as propiedades organol\u00e9pticas e tecnol\u00f3xicas dos produtos de base vexetal traballados. Tras optimizar a s\u00edntese de part\u00edculas, o equipo sinala que empreg\u00e1ronse microc\u00e1psulas obtidas por microflu\u00eddica para a encapsulaci\u00f3n do vermello de remolacha, debido ao seu maior rendemento e facilidade de manipulaci\u00f3n. \u201cAs microgotas incubadas a diferentes temperaturas amosaron que a presenza de lacasa acelera a degradaci\u00f3n oxidativa do pigmento, especialmente a temperaturas elevadas, dando lugar a un pardeamento m\u00e1is temper\u00e1n. Estes resultados indican que, a\u00ednda que as microc\u00e1psulas permiten incorporar o colorante natural, a estabilidade crom\u00e1tica depende fortemente da temperatura e da actividade encim\u00e1tica\u201d, sinalan. Finalmente, as e os investigadores est\u00e1n \u201ca avaliar a aplicaci\u00f3n das part\u00edculas sintetizadas como novos ingredientes en an\u00e1logos c\u00e1rnicos a base de legumes, nos que se estudan par\u00e1metros clave como a cor, a textura e a estabilidade durante o coci\u00f1ado\u201d.<\/p>\n<p><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"aligncenter wp-image-4481 size-medium\" src=\"https:\/\/bioquimicaourense.webs.uvigo.es\/wp-content\/uploads\/2026\/02\/clear4-300x173.jpg\" alt=\"\" width=\"300\" height=\"173\" srcset=\"https:\/\/bioquimicaourense.webs.uvigo.es\/wp-content\/uploads\/2026\/02\/clear4-300x173.jpg 300w, https:\/\/bioquimicaourense.webs.uvigo.es\/wp-content\/uploads\/2026\/02\/clear4-1024x592.jpg 1024w, https:\/\/bioquimicaourense.webs.uvigo.es\/wp-content\/uploads\/2026\/02\/clear4-768x444.jpg 768w, https:\/\/bioquimicaourense.webs.uvigo.es\/wp-content\/uploads\/2026\/02\/clear4-1536x888.jpg 1536w, https:\/\/bioquimicaourense.webs.uvigo.es\/wp-content\/uploads\/2026\/02\/clear4-2048x1184.jpg 2048w\" sizes=\"auto, (max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/p>\n<p>Este traballo forma parte do proxecto PDC2022-133820-I00, financiado por MICIU\/AEI\/10.13039\/501100011033 e pola Uni\u00f3n Europea Next Generation EU\/PRTR.<\/p>\n<p><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"aligncenter size-large wp-image-4494\" src=\"https:\/\/bioquimicaourense.webs.uvigo.es\/wp-content\/uploads\/2026\/02\/LOGO-1024x166.png\" alt=\"\" width=\"1024\" height=\"166\" srcset=\"https:\/\/bioquimicaourense.webs.uvigo.es\/wp-content\/uploads\/2026\/02\/LOGO-1024x166.png 1024w, https:\/\/bioquimicaourense.webs.uvigo.es\/wp-content\/uploads\/2026\/02\/LOGO-300x49.png 300w, https:\/\/bioquimicaourense.webs.uvigo.es\/wp-content\/uploads\/2026\/02\/LOGO-768x125.png 768w, https:\/\/bioquimicaourense.webs.uvigo.es\/wp-content\/uploads\/2026\/02\/LOGO-1536x249.png 1536w, https:\/\/bioquimicaourense.webs.uvigo.es\/wp-content\/uploads\/2026\/02\/LOGO-2048x332.png 2048w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/www.uvigo.gal\/universidade\/comunicacion\/duvi\/proxecto-estatal-cleaningrax-explora-uso-ingredientes-funcionais-produtos-etiqueta-limpa\"><strong>Ver nova completa no DUVI<\/strong><\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>S\u00edntese de nano e micro ingredientes a partir de produtos derivados do arabinoxilano (AX) para a produci\u00f3n de alimentos de \u2018etiqueta limpa\u2019\u00a0(CleanIngrAX). Este \u00e9 o &hellip; <a class=\"excerpt_more\" href=\"https:\/\/bioquimicaourense.webs.uvigo.es\/gl\/o-proxecto-estatal-cleaningrax-explora-a-sintese-de-novos-ingredientes-funcionais-en-produtos-de-etiqueta-limpa\/\">Continuar<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":4,"featured_media":4480,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[92],"tags":[],"class_list":["post-4479","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-duvi"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/bioquimicaourense.webs.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4479","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/bioquimicaourense.webs.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/bioquimicaourense.webs.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/bioquimicaourense.webs.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/4"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/bioquimicaourense.webs.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4479"}],"version-history":[{"count":8,"href":"https:\/\/bioquimicaourense.webs.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4479\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":4507,"href":"https:\/\/bioquimicaourense.webs.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4479\/revisions\/4507"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/bioquimicaourense.webs.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/4480"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/bioquimicaourense.webs.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4479"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/bioquimicaourense.webs.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4479"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/bioquimicaourense.webs.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4479"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}