{"id":4499,"date":"2026-10-19T14:08:24","date_gmt":"2026-10-19T12:08:24","guid":{"rendered":"https:\/\/bioquimicaourense.webs.uvigo.es\/?p=4499"},"modified":"2026-10-19T14:26:04","modified_gmt":"2026-10-19T12:26:04","slug":"o-proxecto-caprigo-remata-con-exito-o-seu-traballo-de-abrir-novas-vias-para-a-producion-caprina-e-queixeira-galega","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/bioquimicaourense.webs.uvigo.es\/gl\/o-proxecto-caprigo-remata-con-exito-o-seu-traballo-de-abrir-novas-vias-para-a-producion-caprina-e-queixeira-galega\/","title":{"rendered":"O proxecto Caprigo remata con \u00e9xito o seu traballo de abrir novas v\u00edas para a produci\u00f3n caprina e queixeira galega"},"content":{"rendered":"<p>Desde o ano 2024, a Universidade de Vigo, a Axencia Galega de Calidade Alimentaria (Agacal), o Cl\u00faster Alimentario de Galicia (Clusaga), Queixos Feijoo e o agricultor Maik Paladino desenvolven o proxecto Caprigo. Nel traballan no estudo e posta en valor de produci\u00f3ns leiteiras caprinas locais, concretamente na aldea modelo de Xaceb\u00e1ns, mediante o desenvolvemento de queixos brandos de tempada de alta calidade elaborados exclusivamente con leite de cabra galega e caracterizados pola alimentaci\u00f3n estacional dos animais. Este venres, o campus de Ourense acolleu a s\u00faa xornada de peche na que os socios da iniciativa fixeron un balance moi positivo do traballo realizado.<\/p>\n<h3>Co\u00f1ecer mellor a materia prima<\/h3>\n<p>Durante os tres anos de traballo, o equipo de Caprigo estudou a vexetaci\u00f3n consumida polas cabras en Xaceb\u00e1ns (Quintela de Leirado, Ourense), a composici\u00f3n do seu leite e a evoluci\u00f3n dos queixos ao longo da elaboraci\u00f3n e da maduraci\u00f3n. Entre os resultados obtidos destacan que \u201cnas mostras analizadas, o leite de Xaceb\u00e1ns presentou unha maior proporci\u00f3n de \u00e1cido alfa-linol\u00e9nico, un \u00e1cido graxo esencial da familia omega-3, que o leite da explotaci\u00f3n intensiva empregada como referencia\u201d. Tam\u00e9n detectaron cambios m\u00e1is acusados entre inverno e ver\u00e1n nalg\u00fans compo\u00f1entes, especialmente na graxa e nos hidratos de carbono. O seguimento dos queixos tipo brie de cabra permitiu identificar diferenzas na s\u00faa composici\u00f3n, textura e maduraci\u00f3n. \u201cNas elaboraci\u00f3ns de ver\u00e1n estudadas na segunda anualidade, os queixos de Xaceb\u00e1ns presentaron m\u00e1is prote\u00edna e calcio, menor humidade e maior firmeza que os elaborados con leite de Le\u00f3n\u201d, sinalaron.<\/p>\n<p>Os resultados do proxecto tam\u00e9n amosaron que a textura final do queixo \u201cdepende da combinaci\u00f3n de varios factores, entre eles a composici\u00f3n do leite, a perda de humidade e os cambios nas prote\u00ednas durante a maduraci\u00f3n\u201d. Na \u00faltima anualidade de Caprigo caracteriz\u00e1ronse os queixos elaborados obt\u00e9ndose as s\u00faas t\u00e1boas de composici\u00f3n nutricional. \u201cO proxecto achega as\u00ed informaci\u00f3n para co\u00f1ecer mellor a materia prima dispo\u00f1ible en cada \u00e9poca e orientar a elaboraci\u00f3n de queixos de tempada con caracter\u00edsticas diferenciadas\u201d, sinala o equipo insvetigador.<\/p>\n<h3>Impulsar a econom\u00eda circular e a sostibilidade<\/h3>\n<p>Caprigo <em>Estudo e posta en valor de produci\u00f3ns leiteiras caprinas para unha aldea modelo (Xaceb\u00e1ns) <\/em>\u00e9 unha iniciativa financiada a trav\u00e9s das axudas para a execuci\u00f3n de proxectos de grupos operativos da Conseller\u00eda do Medio Rural, xestionadas pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), e cofinanciadas polo Fondo Europeo Agr\u00edcola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco dentro do Plan Estrat\u00e9xico da Pol\u00edtica Agraria Com\u00fan 2023-2027. \u00c9 un proxecto innovador dos grupos operativos da Asociaci\u00f3n Europea da Innovaci\u00f3n en materia de produtividade e sostibilidade agr\u00edcola. Por parte da Universidade de Vigo participa desde a Facultade de Ciencias do campus de Ourense o Grupo de Investigaci\u00f3n en Tecnolox\u00eda Encim\u00e1tica e Bioestruturas (Teze), pertencente ao Instituto de Agroecolog\u00eda e Alimentaci\u00f3n (IAA) e ao Campus Auga, o proxecto de especializaci\u00f3n do campus de Ourense acreditado e financiado pola Xunta de Galicia. Concretamente, participan as e os investigadores Clara Fuci\u00f1os, Eugenio L\u00f3pez Periago, Alba Troncoso, Ana Torrado e Marisa R\u00faa.<\/p>\n<p>O obxectivo \u00faltimo da iniciativa \u00e9 o fortalecemento da colaboraci\u00f3n entre a investigaci\u00f3n universitaria e o sector agroalimentario para impulsar a econom\u00eda circular e a sostibilidade na produci\u00f3n de l\u00e1cteos en Galicia. Tr\u00e1tase, indican desde a s\u00faa organizaci\u00f3n, de fixar poboaci\u00f3n no medio rural, previr incendios forestais mediante o manexo de gandar\u00eda en pastoreo e dinamizar a econom\u00eda local a trav\u00e9s de produtos l\u00e1cteos diferenciados e de alto valor gastron\u00f3mico.<\/p>\n<h3>Xornada de peche<\/h3>\n<p>A xornada de peche celebrada este venres na Facultade de Ciencias quixo ser \u201cun escaparate para amosar as conclusi\u00f3ns dunha iniciativa orientada \u00e1 revalorizaci\u00f3n do terreo agrario na aldea modelo de Xaceb\u00e1ns, mediante a introduci\u00f3n de gandar\u00eda caprina e a elaboraci\u00f3n de queixo suave de tempada de alta calidade\u201d. Na s\u00faa apertura, Montserrat Cruz, vicerreitora do campus de Ourense, subli\u00f1ou o interese de Caprigo en canto \u201cresponde a necesidades reais do territorio\u201d e \u201cemprega a investigaci\u00f3n e a innovaci\u00f3n para transformalo\u201d. A responsable acad\u00e9mica salientou a importancia de, desde a Universidade, contribu\u00edr con iniciativas coma esta a p\u00f3r en valor a contorna rural e o sector primario. Pola s\u00faa banda, Iv\u00e1n Gil, en nome da organizaci\u00f3n do proxecto, indicou que Caprigo \u00e9 un exemplo de como contribu\u00edr a \u201cdar impulso desde a innovaci\u00f3n\u201d aos pequenos produtores galegos e axudar a buscar soluci\u00f3ns \u00e1s problem\u00e1ticas e retos que afrontan.<\/p>\n<p>Clara Fuci\u00f1os, investigadora do Grupo TEZE que lidera a participaci\u00f3n da UVigo no proxecto, foi a encargada de expor os principais achados e logros acadados durante a execuci\u00f3n do proxecto na aldea modelo de Xaceb\u00e1ns. Pola s\u00faa banda, Xos\u00e9 Ram\u00f3n V\u00e1zquez, representante de Clusaga, ofreceu unha conferencia sobre as oportunidades de innovaci\u00f3n para as pequenas produci\u00f3ns no medio rural, destacando o valor engadido da transformaci\u00f3n local. Por \u00faltimo, a xornada conclu\u00edu cunha mesa redonda titulada<em> Gandar\u00eda, produci\u00f3n queixeira e territorio <\/em>na que participaron Marisol L\u00f3pez, directora de proxectos I+D+i de Esteo Innova; Julio Jos\u00e9 Alonso Feijoo (Quesos Feijoo), Luis Javier Rodr\u00edguez Barr\u00f3n (Universidade do Pa\u00eds Vasco), David Dom\u00ednguez (Comunidades de Montes Veci\u00f1ais en Man Com\u00fan de Lucenza) e Xos\u00e9 Ram\u00f3n V\u00e1zquez (Clusaga), que analizaron os retos e oportunidades do sector.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/www.uvigo.gal\/universidade\/comunicacion\/duvi\/proxecto-caprigo-remata-exito-seu-traballo-abrir-novas-vias-producion-caprina-queixeira-galega\" target=\"_blank\" rel=\"noopener noreferrer\"><strong>Ver nova completa no DUVI<\/strong><\/a><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/www.lavozdegalicia.es\/noticia\/vigo\/vigo\/2026\/10\/16\/universidade-vigo-elabora-queso-cabra-segun-estacionalidad-pastoreo\/00031792137137366475429.htm\"><strong>Ver nova en La Voz de Galicia<\/strong><\/a><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/www.farodevigo.es\/ourense\/2026\/10\/16\/leche-cabra-aldea-modelo-xacebans-135430424.html\"><strong>Ver nova no Faro de Vigo<\/strong><\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Desde o ano 2024, a Universidade de Vigo, a Axencia Galega de Calidade Alimentaria (Agacal), o Cl\u00faster Alimentario de Galicia (Clusaga), Queixos Feijoo e o &hellip; <a class=\"excerpt_more\" href=\"https:\/\/bioquimicaourense.webs.uvigo.es\/gl\/o-proxecto-caprigo-remata-con-exito-o-seu-traballo-de-abrir-novas-vias-para-a-producion-caprina-e-queixeira-galega\/\">Continuar<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":4,"featured_media":4500,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[92,50],"tags":[],"class_list":["post-4499","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-duvi","category-noticias-en-gb"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/bioquimicaourense.webs.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4499","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/bioquimicaourense.webs.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/bioquimicaourense.webs.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/bioquimicaourense.webs.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/4"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/bioquimicaourense.webs.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4499"}],"version-history":[{"count":4,"href":"https:\/\/bioquimicaourense.webs.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4499\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":4510,"href":"https:\/\/bioquimicaourense.webs.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4499\/revisions\/4510"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/bioquimicaourense.webs.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/4500"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/bioquimicaourense.webs.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4499"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/bioquimicaourense.webs.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4499"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/bioquimicaourense.webs.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4499"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}