A Facultade de Ciencias de Ourense pon en valor o mexillón

Etiquetas

Trátase dunhas xornadas organizadas pola Facultade de Ciencias da UVigo en Ourense para poñer en valor o mexillón

A Facultade de Ciencias achega aos estudantes coñecementos sobre o sector do mexillón, onde Galicia é o primeiro produtor europeo e o terceiro mundial. Ángeles Longa, responsable de I+D do Consello Regulador do Mexillón de Galicia, impartiu unha conferencia organizada polo Departamento de Química Analítica e dos Alimentos, no que forman parte as profesoras Clara Fuciños e Marisa Rúa. O obxectivo é concienciar ao alumnado sobre a importancia económica e social do sector e afondar no marco da seguridade alimentaria.

“O mexillón é o primeiro e único alimento en España cunha denominación de orixe protexida”, explicou Longa, que valorou a acuicultura galega como “a máis importante de España”.

Os alumnos tamén falaron da trazabilidade do mexillón, do camiño que segue ata chegar ao mercado. “Xa comeza o bate. Facemos controis a todas as partidas que desembarcan de mexillón por parte de dous dos nosos asociados, o que supón algo máis dos dous terzos das bateas que hai en Galicia, que son case 3.400”, engadiu o biólogo.

Ler nova completa en La Región